Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Audiencia Nacional avala o informe que culpa o patrón do naufraxio do Villa de Pitanxo

A Audiencia Nacional avala o informe que culpa o patrón do naufraxio do Villa de Pitanxo

A Sala do Penal asegura que "a nulidade do informe pericial" pretendida polos investigados "é absolutamente improcedente"

G24.gal 09/05/2024 17:46 Última actualización 09/05/2024 20:05

A Sala do Penal da Audiencia Nacional descartou invalidar o informe pericial que apuntaba a un "erro humano" do patrón do Villa de Pitanxo, Juan Padín, como "causa máis probable" do afundimento do buque en febreiro de 2022 a 450 quilómetros da costa de Terra Nova. O naufraxio en augas do Canadá custoulle a vida a 21 dos 24 mariñeiros a bordo. "A nulidade do informe é absolutamente improcedente", fixou o órgano.

Os maxistrados da Sección Terceira desestiman así os recursos presentados pola defensa de Padín e pola da armadora, o Grupo Nores. En concreto, estes solicitaran a nulidade dese informe ao poñer en cuestión o labor dos peritos responsables do mesmo.

A Sala, en concreto, deixa claro que "todas as aseveracións que concernen o acerto ou desacerto dos peritos, na forma e no fondo do seu informe pericial", as defensas poden "facelas valer nos actos, orais ou escritos, en instrución ou en acto do xuízo". "O que a parte (Padín) pretende, que é a nulidade do informe pericial, é absolutamente improcedente, e é por iso que a resolución apelada ten que ser completamente confirmada", engade.

O patrón e a armadora están investigados polo afundimento do arrastreiro O patrón e a armadora están investigados polo afundimento do arrastreiro

Os maxistrados aseguran que "pode aseverarse, como consideración xeral, que as partes apelantes, como calquera outra das partes do proceso, son moi libres de valorar o informe pericial, no máis amplo sentido, e de atopalo desde insuperable a digno de refugarse". "Pero iso non implica que deba ser declarado nulo", insisten. 

Causas do naufraxio

 As conclusións deste informe pericial sinalan que, de acordo a "datos obxectivos" e ás circunstancias analizadas, "conclúese que a causa máis probable do afundimento do buque foi un erro humano do capitán, pola falta de percepción cabal do risco de afundimento que supoñía a manobra que realizou para librar o embarre do aparello do fondo mariño".

Segundo este informe elaborado pola Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM), Padín puxo en "grave risco a seguridade do buque e os seus tripulantes" ao realizar esa manobra, "co mar e o vento de popa e o depósito de descarga de desperdicios aberto".

En segundo lugar, os peritos consideran un factor contribuínte do accidente a demora coa que o capitán deu a orde de abandono do buque á tripulación, "o que condicionou que puidesen realizar o abandono de forma ordenada e con algunha probabilidade de éxito". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade