Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rubén Domínguez dimite como adestrador do Ourense C. F.

Rubén Domínguez dimite como adestrador do Ourense C. F.

É, xunto ao Recreativo de Huelva, pechacancelas do grupo 2, o único equipo da categoría de bronce que aínda non coñece a vitoria

G24.gal 22/10/2024 11:16 Última actualización 22/10/2024 11:21

Rubén Domínguez presentou este martes a súa dimisión como adestrador do Ourense C. F., pechacancelas do grupo I de Primeira Federación, categoría á que ascendeu a tempada pasada baixo a súa dirección.

“Non é un día fácil, de feito é fodido, moi fodido. Tomei a decisión de parar, este club e este persoal merecen a oportunidade de tentalo desde outra enerxía”, explica Domínguez na súa carta de despedida.

O novo adestrador ourensán, que a pasada tempada logrou o ascenso tras proclamarse o seu equipo campión de Segunda Federación, apunta que “o soño” de ver á súa cidade no fútbol profesional “segue latente”, pero a partir de agora será “apoiando desde fóra”.

 

Tras a súa última derrota no derbi ante o Arenteiro (0-1), o Ourense C. F. é pechacancelas con tan só tres puntos. É, xunto ao Recreativo de Huelva, pechacancelas do grupo 2, o único equipo da categoría de bronce que aínda non coñece a vitoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade