O presidente da Xunta acusa o PSOE de "permitirlle todo" a Pere Aragonès
O presidente da Xunta acusa o PSOE de "permitirlle todo" a Pere Aragonès
Rueda insta o Goberno a que non permita que "ningún territorio se beneficie á custa dos demais"
O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, acusa o PSOE de "permitirlle todo" a Pere Aragonès con tal de seguir no Goberno. Rueda defende que é "xa é hora de parar todas estas cousas".
A preguntas dos xornalistas sobre a comisión no Senado deste luns sobre o impacto da amnistía, o xefe do Goberno galego asegurou que o presidente da Generalitat conta coa "complicidade" dos socialistas e instou ao Goberno a non permita que "ningún territorio se beneficie a costa dos demais".
Rueda delegou a súa presenza no Senado no vicepresidente da Xunta en funcións, Diego Calvo, ao dedicar a xornada a preparar o discurso de investidura que vai pronunciar este martes no Parlamento de Galicia.