Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda agarda un "apoio importante" do voto exterior ao PPdeG

Rueda agarda un "apoio importante" do voto exterior ao PPdeG

Rueda di que en todo caso a maioría absoluta está asegurada e avanza que o novo goberno "pisará o acelerador" para atraer investimentos á comunidade

G24.gal 26/02/2024 14:15

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, confía no apoio do voto exterior ao Partido Popular de Galicia. Rueda di que en todo caso a maioría absoluta está asegurada e avanza que o novo goberno "pisará o acelerador" para atraer investimentos á comunidade.

En declaracións aos medios nun acto este luns en Santiago, o presidente en funcións e líder do PPdeG explicou que espera que o reconto do voto exterior non mude a fotografía do arco parlamentario que deixaron as urnas o pasado domingo. "Agardo un apoio importante da Galicia exterior. Se hai algún movemento en Ourense, igual non nos afecta a nós e si aos outros partidos".

Rueda engadiu que en todo caso a maioría absoluta garante a "estabilidade", o que non significa acomodarse, apuntou. O presidente da Xunta en funcións avanzou que o novo Goberno vai "pisar o acelerador dende o primeiro día para atraer investimentos" a Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade