Rueda agradece o traballo dos efectivos galegos que estiveron en Valencia
Rueda agradece o traballo dos efectivos galegos que estiveron en Valencia
Aseguran que o vivido en Valencia non ten comparación con ningunha outra traxedia na que colaboraron
Os efectivos galegos que axudaron en Valencia volven con moitas historias humanas ás costas, que, aseguran, nunca poderán esquecer. "A situación vivida na comunidade valenciana non ten parangón, polas perdas humanas e materiais e pola extensión da área afectada", declaran algúns dos enviados. Confesan que se senten "orgullosos de representar a Galicia".
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, agradeceulles o seu inmenso esforzo e expresou o seu forte orgullo ante o traballo realizado. Declara, ademais, que de atoparse Galicia nunha emerxencia de tal calibre, a súa solidariedade cos afectados pola DINA sería o noso mellor aval.
Moitos din que volverán como voluntarios e todos xuntos piden que a solidariedade con Valencia se manteña no tempo.