Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda anima na Illa da Toxa a apostar pola intelixencia artificial e as industrias do futuro

O presidente galego clausurou este venres na Illa as xornadas organizadas polo Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia

G24.gal 12/07/2024 17:00 Última actualización 12/07/2024 19:07

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, avogou este venres por aproveitar "con valentía e positividade" todas as potencialidades que ofrece a intelixencia artificial, un ámbito no que Galicia quere estar "á vangarda".

"Estamos ante unha oportunidade que non podemos deixar pasar", reivindicou Rueda na clausura do encontro Transformación dixital e Intelixencia Artificial, organizado polo Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga) na illa da Toxa, no Grove.

Na súa intervención, o presidente galego defendeu que Galicia quere formar parte das rexións que se anticipan ao futuro, ao contar "coas condicións, o talante e a valentía para aproveitar as oportunidades que ofrece esta nova tecnoloxía.

O titular da Xunta lembrou que o Goberno galego xa estableceu medidas como a lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial, que remitirá ao Parlamento en setembro e converterá a Galicia na primeira rexión europea en ter unha normativa neste campo.

Ademais, a Administración autonómica xa conta con outros proxectos nos que se está usando a intelixencia artificial, como en materia de emprego, coa ferramenta EMi, que permite o perfilado competencial dos demandantes do emprego.

A ela sumou o mapa de emprendemento virtual, que integra a todos os axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio en Galicia; ou o programa piloto de aplicación da Intelixencia Artificial no tratamento de imaxes por satélite para control forestal.

Rueda asegurou que a intelixencia artificial tamén se está empregando noutros campos, como o sanitario, entre elas coa iniciativa posta en marcha no Hospital Clínico de Santiago, que permite informar unha radiografía en tan só tres minutos.

Na clausura deste congreso na Illa da Toxa participou tamén, entre outros, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, que reafirmou o "compromiso" do Executivo central coa transformación dixital do tecido produtivo galego.

Blanco lembrou que o Goberno acaba de aprobar a estratexia de intelixencia artificial, coa que busca desenvolve esta tecnoloxía, facilitar a súa expansión, fomentar a innovación e a ciberseguridade e asegurar a súa transparencia, a súa responsabilidade e a súa visión humanística.

Neste esforzo, o delegado incluíu a creación da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia artificial (AESIA), que terá a súa sede na Coruña e que colocará a Galicia "no mapa da intelixencia artificial a nivel europeo". 

No encontro participaron máis de 100 relatores.

Entre os asistentes estivo no mediodía deste venres o secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro. Alí puido conversar, entre outros, co delegado do Goberno e co presidente dos empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade