Rueda anuncia medidas contra as subas de impostos da Moncloa se invaden competencias
Rueda anuncia medidas contra as subas de impostos da Moncloa se invaden competencias
Critica a baixada anunciada polo Goberno para as rendas baixas porque "vai tardar en notarse"
O presidente da Xunta criticou que a baixada de impostos proposta polo Goberno para as rendas baixas vai tardar demasiado en notarse porque non ten efecto sobre os ingresos deste ano.
Á entrada do foro que se está a celebrar na Toxa, Alfonso Rueda anunciou medidas contra as subas que estuda A Moncloa doutros gravames se invadisen as competencias da Xunta en materia fiscal.
"Todo parece indicar que entra directamente nas competencias que temos as comunidades autónomas, que ademais decidimos baixar unha serie de impostos. Agora parece que a reacción do Goberno Central é un imposto que entra claramente en colisión, xa veremos ata que punto, coas nosas capacidades e anuncia todo o contrario. Por tanto, imos esperar a coñecelo un pouco máis pero dende logo se entrase, se invadise as nosas competencias e as nosas capacidades de corresponsabilidade fiscal, nós dende logo tamén actuariamos", asegurou.