Publicador de contidos
Publicador de contidos

Toma de posesión do novo Goberno

Toma de posesión do novo Goberno

G24.gal 14/06/2023 20:31 Última actualización 14/06/2023 20:53

A toma de posesión celebrouse no Pazo de Raxoie despois terá lugar o primeiro Consello da Xunta do novo Goberno.

A remodelación do Goberno da Xunta oficializouse este mércores pola tarde na sede do executivo galego no Pazo de Raxoi tras asinar o presidente Alfonso Rueda o decreto de nomeamento do novo Consello da Xunta, do que saen os dous conselleiros máis veteranos Francisco Conde e Rosa Quintana para ir nas listas do PP ao Congreso.

A Consellería do Mar será ocupada polo actual alcalde en funcións de Cervo (Lugo) Alfonso Villares.

A outra incorporación ao Executivo autonómico é a de Elena Rivo, a ata o de agora vicerreitora do campus de Ourense da Universidade de Vigo, que será conselleira de Emprego e Igualdade, en substitución de María Jesús Lorenzana, quen pasa a ocuparse das competencias en materia de Economía, Industria e Innovación.

A outra parte do departamento que ata o de agora dirixía Conde, a Vicepresidencia primeira pasa ás mans do vicepresidente segundo Diego Calvo, mentres que a conselleira de Medio Ambiente Ánxeles Vázquez ocupará a Vicepresidencia segunda.

O presidente Alfonso Rudeda destaca a rapidez con que se fixo esta remodelación para non parar un minuto, dixo, a actividade da Xunta, e avanzou que lles pedirá aos novos conselleiros que melloren o legado dos que marchan.

"No novo goberno, mantemos columna vertebral e reforzarmola para uns meses dificil que veñen por diante. Teño que pedir compromiso lealdade e traballo e as persoas que escollin combinan estas cualidades".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar