O Panteón dos Galegos Ilustres acolle a tradicional misa e a ofrenda floral a Rosalía de Castro
O Panteón dos Galegos Ilustres acolle a tradicional misa e a ofrenda floral a Rosalía de Castro
Misa en galego na honra da poeta máis sinalada do noso idioma. Van xa 90 anos que esta tradición se mantén malia os episodios de represión da fala vividos, sendo mesmo o único símbolo de recoñecemento e resistencia permitido na memoria de Rosalía de Castro.
A tradición mantense agora tamén en mans novas que cren na importancia da homenaxe, de non esquecer e de manter vivo o noso idioma.
Primeira ofrenda do presidente da Xunta
Foi primeiro Día Nacional de Galicia para Alfonso Rueda como presidente da Xunta. Esta 25 de xullo á tarde, asistiu a tradicional ofrenda no Panteón de Galegos. O presidente e o conselleiro de cultura asistiron a unha misa en galego en memoria de Rosalía de Castro. Con esta eucaristía xa van 90 anos seguidos desta misa en lingua galega, no día de Galicia e en homenaxe a Rosalía.