Sánchez destaca Galicia como "terra de mulleres e homes orgullosos da súa historia e comprometidos co futuro"

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, felicita o Día de Galicia cun verso de Luísa Villalta
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, erixe Galicia en terra de "mulleres e homes orgullosos da súa historia e comprometidos co futuro".
Así o traslada a través dunha mensaxe publicada no seu perfil da rede social 'X' con motivo da celebración do Día de Galicia este xoves, 25 de xullo.
Galicia es una tierra de mujeres y hombres orgullosos de su historia y comprometidos con en el futuro.
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) July 25, 2024
“Somos moitas voces diferentes a cantar o mesmo instante”, Luisa Villalta.
Mis mejores deseos para todo lo que está por construir.
¡Feliz #25deXullo! #DíaDeGalicia pic.twitter.com/otnVgPPmRj
Ademais, cita un verso da poeta galega homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, o pasado 17 de maio. "Somos moitas voces diferentes a cantar o mesmo instante", Luísa Villalta.
O presidente conclúe a súa mensaxe desexando os seus "mellores desexos" para "todo o que está por construír".