A Xunta licita 50 millóns en vivenda pública para 2024 na súa última reunión do ano
A Xunta licita 50 millóns en vivenda pública para 2024 na súa última reunión do ano
O presidente da Xunta explica os últimos acordos acadados polo executivo galego
50 millóns de euros para 231 vivendas públicas
Na derradeira xuntanza do ano, a reunión do Consello da Xunta de Galicia aprobou un investimento de 50 millóns de euros para construír ou rehabilitar 231 vivendas destinadas a alugueiro social en sete concellos galegos (127 pisos de nova construción en Vigo, en San Paio de Navia e 74 en Pontevedra, en Valdecorvos e 13 rehabilitacións en Ferrol, 7 en Mondoñedo; 5 en Ourense; 3 en Viveiro e 2 en Ribadavia). As obras deberán en marcha ao longo de 2024.
5,7 millóns de euros para dixitalizar os sistemas de abastecemento de auga potable
O investimento de 5,7 millóns de euros aprobado este xoves persegue crear unha rede automática de monitorizacion dos sistemas de auga potable e acadar un uso máis eficiente do recurso hídrico, e, asemade, controlar a xestión en tempo real cunha visión de conxunto. A medida aplicarase nos municipios de menos de 20.000 habitantes.
5,5 millóns para enoturismo e 1,8 para impulsar os deportes náuticos
A administración autonómica asinará un convenio coa Asociación de Clubs Náuticos de Galicia por valor de 1,8 millóns de euros para obras de eficiencia enerxética nas súas infraestructuras, para promoción e fomento dos deportes náuticos e para a creación de novas experiencias para as persoas usuarias.
O Consello da Xunta tamén impulsará unha liña de axudas por valor de 5,5 millóns de euros para que establecementos e adegas se unan ao Plan Territorial de Enogastronomía de Galicia. A contía estará destinada a obras de reforma e ampliación das prazas de aloxamento, a promoción da actividade e tamén a creación de experiencias.
1.061 millóns de euros para a nova estratexia de inclusión social
O Goberno galego dá luz verde á nova estratexia de inclusión social cun plan a 8 anos cun orzamento de 1.061 millóns de euros. O obxectivo é trazar a nova folla de ruta da prestación de servizos sociais da Xunta de Galicia.