Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda destaca o compromiso de Alfredo Conde con Galicia e a calidade literaria no Premio Puro Cora

Rueda destaca o compromiso de Alfredo Conde con Galicia e a calidade literaria no Premio Puro Cora

Para Rueda trátase dun recoñecemento "aos valores que sosteñen unha democracia madura e unha cultura viva como a liberdade de expresión o compromiso coa verdade ou a defensa da identidade galega"

Alfonso Rueda, entre a presidenta do Grupo El Progreso e Alfredo Conde Alfonso Rueda, entre a presidenta do Grupo El Progreso e Alfredo Conde
G24.gal 09/04/2025 18:00

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este mércores o compromiso de Alfredo Conde coa calidade literaria e coa identidade galega na entrega dos XXXIII Premios Puro Cora, que este ano recoñecen a traxectoria do escritor e xornalista ourensán.

Os premios, destacan nun comunicado, entrégaos cada ano o Grupo El Progreso e buscan "distinguir iniciativas individuais que contribúen a elevar o papel dos medios de comunicación tanto a nivel nacional como internacional".

Para Rueda trátase dun recoñecemento "aos valores que sosteñen unha democracia madura e unha cultura viva como a liberdade de expresión, o compromiso coa verdade ou a defensa da identidade galega".

Ademais, o presidente subliñou que estes galardóns son unha boa mostra da "Galicia que somos", "terra de cordialidade, de entendemento, de consenso e de tranquilidade".

Alfonso Rueda eloxiou a figura de Conde, "esencial" na literatura e pensamento contemporáneos. "Un autor valente e analítico", remarcou, poñendo o foco no seu papel como defensor dunha Galicia "culta, libre e creativa, tanto desde a súa obra como desde a súa traxectoria institucional como exconselleiro de Cultura".

"Recoñecer a Alfredo é tamén homenaxear a nosa cultura e a nosa lingua", afirmou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade