Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda salienta o papel da emigración galega na difusión da cultura do país

Rueda salienta o papel da emigración galega na difusión da cultura do país

O presidente da Xunta mantivo un encontro coas once organizacións galegas no Uruguai 

Foto de familia tras o encontro
G24.gal 16/10/2022 20:07 Última actualización 16/10/2022 21:38

O centro galego de Montevideo fundouse no ano 1879. É o máis antigo do mundo. A visita do presidente da Xunta coincidiu coa celebración, nas súas instalacións de Carrasco, das xornadas de xogo e deporte interxeracional.

Unha das obsesións dos galegos de América é manter a transmisión cultural e identitaria de xeración en xeración. Alfonso Rueda insistía nesa idea no encontro que mantivo coas once colectividades galegas neste país.

O presidente da Xunta lembroulles o programa de axuda á poboación galega no exterior, incluídos descendentes, para estudar ou emprender na súa terra.

"Galicia ten os brazos abertos para todos vostedes que están aquí e para todos os familiares e para todos os descendentes. Os que coñecen Galicia directamente, os que viaxan con regularidade, os que puideron facelo algunha vez cos programas da Xunta e os que están pensando en facelo. Galicia vai ser sempre a súa terra. Estamos moi orgullosos, moi agradecidos", asegurou.

Os galegos do Uruguai son, segundo Rueda, o mellor exemplo de solidariedade interxeracional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade