Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda insta a Sánchez a aclarar "por que discrimina tanto Galicia"

Rueda insta a Sánchez a aclarar "por que discrimina tanto Galicia"

Apela ao apoio da cidadanía para que "non entre en Galicia o barullo da política española"

G24.gal 20/01/2024 19:05

O PP de Lugo reuniu 400 persoas nun xantar mitin que foi ademais unha homenaxe ao persoal de Correos que presta servizo no rural. Durante a súa intervención no acto, Alfonso Rueda referiuse á presenza de Pedro Sánchez na Coruña.

O presidente do PPdeG instouno a aclarar "por que discrimina tanto Galicia", ao tempo que apelaba á confianza da cidadanía para que "non entre en Galicia o barullo da política española".

Acompañado pola cabeza de lista en Lugo, Elena Candia, reivindicou a "magnífica" candidatura dos populares nesta provincia e amosouse convencido de que volverá obter un "magnífico resultado" nas vindeiras eleccións autonómicas.

"Temos unha magnífica candidatura e, se non perdemos o tempo en escoitar o que outros din de nós e en engurrarnos, teremos tamén un magnífico resultado, porque aquí está a infantería do partido que sempre arrasa", manifestou.

Rueda pediu apoio para seguir gobernando e lembrou algunhas das medidas tomadas "pensando na Galicia do rural".

"Galicia non é nada sen o seu rural e por iso hai que seguir potenciando a substitución xeracional, para que a xente nova que pense que vale a pena vivir e traballar no rural poida facelo. E seguir dando os máximos servizos para que cada un elixa onde quere vivir e non teña que irse a outro sitio porque onde vive non pode telos", asegurou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade