Rueda procura o consenso na Deputación de Ourense mentres xustifica a situación no Concello
Rueda procura o consenso na Deputación de Ourense mentres xustifica a situación no Concello
O PP de Ourense escolleu xa 3 dos 15 deputados, todos eles afíns ao aínda presidente da Deputación
Rueda repróchalle a BNG e PSdeG que lle fixeran un "cordon sanitario" ao PP no Concello de Ourense
O presidente da Xunta e do PPdeG, Alfonso Rueda, instou a tentar manter "o maior consenso posible" para a elección dos deputados do seu partido na Deputación de Ourense. Aínda sen saber cal deles optará a presidir a institución provincial. Cre que é necesario "consenso e participación" porque iso será tamén máis garantía de "estabilidade".
Sobre a situación no Concello de Ourense, onde o PPdeG pactou co alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, a cambio da Deputación, Rueda xustificou que o seu partido tentou buscar unha alternativa de goberno pero non foi posible polo "veto político absoluto de BNG e o PSdeG".
Segundo reprochou, recibiron as ofertas realizadas polo candidato do PPdeG, Manuel Cabezas, con "silencio, desprezo e rexeitamento". O "resultado" desta actitude de socialistas e nacionalistas foi o pacto do PP para tentar conseguir a "estabilidade" tanto no Concello como na Deputación de Ourense.