Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia lanza proxectís contra un reactor nuclear experimental en Kharkiv

Rusia lanza proxectís contra un reactor nuclear experimental en Kharkiv

No lugar hai 37 pilas de combustible nuclear, polo que se "podería causar unha catástrofe ecolóxica a grande escala"

Civís nunha zona bombardeada en Kharkiv Civís nunha zona bombardeada en Kharkiv
G24.gal 06/03/2022 17:36

As autoridades da provincia de Kharkiv en Ucraína, coa capital asediada por Rusia, denuncian este domingo o  impacto de proxectís lanzados polas tropas rusas sobre o Centro Nacional de Investigación do Instituto de Física e Tecnoloxía de Kharkiv. Alí hai un reactor nuclear experimental.

Aseguran que houbo disparos con unha lanzadeira de foguetes sobre o edificio onde existe unha instalación de investigación nuclear.

No lugar hai 37 pilas de combustible nuclear que poderían provocar unha catástrofe a grande escala. As autoridades ucraínas xa denunciaron estes feitos. Recompilarán a información para levala ante a Corte Penal Internacional na Haia.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade