Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ryanair cancelou tres voos en Santiago por mor da folga

Ryanair cancelou tres voos en Santiago por mor da folga

A compañía suspendeu 54 voos en España

Máis de 200 conexións sufriron atrasos este domingo

G24.gal 26/06/2022 21:30 Última actualización 26/06/2022 21:51

Ryanair deixou en terra uns cincocentos pasaxeiros este domingo  no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago. Pouco antes da hora de saída, a compañía cancelaba o voo a Gran Canaria, como contan os propios usuarios.

E agora aquí estamos todos intentando recolocarnos, a ver como chegamos a Gran Canaria, polo menos ata martes non chegamos.

Preocupados, temos dous nenos pequenos, miña nai maior, miña irmá necesita medicinas. Estamos intentando ir vía Madrid pero os voos son extremadamente caros.
Imos intentar conseguir algo de información, reclamar o que son os nosos dereitos e a ver se por unha vez...

Debido á folga dos tripulantes non operou tampouco o avión ás Palmas nin o de Tenerife.

 Tivéronnos dúas horas alí no avión, non nos dan información ningunha, abóanche o diñeiro, pero que de che vale?

 Con rapaces, sen almorzar, sen comer, perdemos a reserva do hotel, perdemos os traslados co coche, unha vergoña.

Malestar dos viaxeiros e tamén do persoal en folga. Juan é auxiliar de voo. Chegou a Santiago 25 horas despois de comezar a súa xornada laboral. El e cinco tripulantes máis pasaron a noite dentro do avión no aeroporto de Frankfurt.  Dúas traballadoras en folga, Raquel e Laura contan o sucedido nestas xornadas de paro.

Quedaron tirados no aeroporto por fóra de horas, os pasaxeiros na terminal e eles dentro do avión, non lles deron aloxamento nin ningún tipo de dieta. Hoxe conseguiron saír vía Barcelona, dous pilotos e catro tripulantes

Ryanair considérase por riba da lei. Onte trouxo tripulación marroquí para operar voos dende e cara a Santiago e hoxe volvérono intentar no voo a Gran Canaria, que finalmente foi cancelado.

Ata as sete da tarde foron cancelados 54 voos e máis de 200 saíron ou chegaron con atraso, segundo o sindicato USO.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar