Publicador de contidos

Publicador de contidos

Saen os 70 primeiros barcos a botar os miños na apertura da veda da centola

Saen os 70 primeiros barcos a botar os miños na apertura da veda da centola

A Xunta tamén abriu este domingo a veda do boi

G24.gal 07/11/2021 13:41

Falta moi pouco para que as primeiras centolas galegas estean no mercado. Hoxe mesmo as confrarías de Pontevedra e A Coruña botaban os miños para recollelos este luns a partir das catro da madrugada.

Este ano poden apañar 35 quilos por embarcación e día e outros trinta e cinco quilos por cada tripulante enrolado a bordo, igual ca o ano pasado.

Este domingo acompañamos na súa saída a frota da centola do Grove. Antes das nove da mañá xa estaban preparando o aparello. A esta primeira xeira van setenta barcos dos cen que poderían ir.

A Xunta tamén abriu este domingo a veda do boi, pero a estrela é a centola. A frota inicia esta campaña con ilusión e esperanza, aínda que o frío e o mar calmo non favorezan.

Esta é unha das mellores datas para o sector. A expectación é tanta que cada primeira poxa converte a lonxa do Grove nun pequeno plató. De feito, xa hai anos que habilitaron o primeiro andar para que puidesen asistir turistas e curiosos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade