Publicador de contidos
Publicador de contidos

Salceda de Caselas, unha rareza na Galicia envellecida

Salceda de Caselas, unha rareza na Galicia envellecida

É o primeiro concello menor de 10.000 habitantes cunha media de idade por baixo dos corenta anos

G24.gal 05/02/2023 16:34 Última actualización 05/02/2023 18:18

Segundo o último balance do Instituto Galego de Estatística, dos trinta e catro concellos galegos onde a poboación nova supera a dos maiores de 65 anos, vinte e dous deles están na provincia de Pontevedra.

Dous deses municipios pontevedreses teñen ademais unha idade media poboacional por debaixo dos corenta anos, unha rareza nunha Galicia envellecida. Son Ponteareas e Salceda de Caselas.

De todos os concellos con menos de dez mil habitantes, Salceda é o que ten unha media poboacional menor, 38,4 anos. Se nos referimos a unha poboación maior dos dez mil habitantes, este ranking lidérao Ames, onde non chegan á media dos 37 anos. 

"Ademais, temos 1.700 nenos e nenas de cero a quince anos. Iso supón que prazas como esta do concello, os parques infantís, as instalacións municipais, como pode ser o pavillón de deportes ou a piscina municipal, están sempre ateigadas de xente", conta Verónica Tourón, a alcaldesa de Salceda de Caselas. 

Moita xente que vive en lugares coma este ten claro que o baixo prezo do alugueiro ou da compra-venda das vivendas leva tempo atraendo a xente máis nova. A vida en xeral é máis barata e tranquila, silenciosa e pracenteira. 

No grupo de municipios de menos de 10.000 persoas, Salceda de Caselas, con case nove mil catrocentas persoas censadas, é o primeiro concello da comunidade onde a media de idade baixa dos corenta anos.    

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade