Salva Sevilla: "Pídolle perdón ao deportivismo, non era a miña intención molestar"
Salva Sevilla: "Pídolle perdón ao deportivismo, non era a miña intención molestar"
Asegura: "Foi un pique, eu defendo as cores do meu equipo da mellor forma que sei e é o que vou facer aquí"
Salva Sevilla aproveitou a súa presentación como novo xogador do Deportivo para pedir perdón polos seus xestos na celebración do ascenso do Mallorca no fatídico partido de promoción do ano 2019:
"O primeiro que quero facer é pedir desculpas á afección. A xente que me coñece sabe como son e que non era a miña intención molestar a ninguén. Había moitos nervios e tensión. Perdemos 2-0 e conseguimos remontar. Foi un simple pique e todo debe quedar aí. Son unha persoa dentro e outra fóra Defendo as cores do meu equipo da mellor forma que sei e é o que vou facer aquí. Defender o Deportivo a matar".
Naquel Dépor estaba Álex Bergantiños, agora conselleiro do club:
"Non falamos dese tema. Estáselle dando máis importancia da que realmente ten. Foi un comentario como miles que hai no fútbol. A min gústame defender o meu e facer todo o posible para gañar partidos", reiterou.
Salva recoñece que aínda necesitará tempo para poñerse en forma.