Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sálvalle a vida a un transeúnte que se estaba autolesionando na zona vella de Santiago

Sálvalle a vida a un transeúnte que se estaba autolesionando na zona vella de Santiago

Pablo Nieto asegura que foi a situación máis rocambolesca á que se enfrontou nos seus 12 anos como vixilante de seguridade

A asociación Ourives de Compostela rendeulle unha homenaxe pola sua acción heroica

Pablo Nieto, diante do Pazo de Fonseca, onde lle salvou a vida a un home que se autolesionaba
G24.gal 02/09/2022 13:45

Pablo Nieto é un vixilante de seguridade que se fixo popular estes días pola súa acción heroica ao salvarlle a vida a un transeúnte que estaba autolesionándose na rúa na zona vella de Santiago.
Nos 12 anos que leva na profesión, Pablo Nieto, un rianxeiro de 35 anos, nunca se enfrontara a unha situación tan rocambolesca como a que viviu o luns.

Acababan de abrir o Pazo de Fonseca, na zona vella de Santiago, cando viu unha escena dantesca. Un home de mediana idade estaba autolesionándose na rúa e Pablo non dubidou en actuar para evitalo mentres o seu compañeiro, David, saía correndo a pedir axuda.

Pablo conta que se achegou a el para chamarlle a atención porque pensaba que estaba ouriñando. Pero cando estivo preto decatouse de que sangraba abundantemente e que se estaba autolesionando cunha tesoiras. A súa primeira reacción foi berrarlle que parara e como non lle fixo caso deulle un golpe para tirarlle as tesoiras. 

O home tiña lesións graves por todo o corpo. Un enfermeiro que pasaba pola rúa fíxolle os primeiros auxilios e unha ambulancia trasladouno despois ao hospital. Aínda sendo consciente de que lle puido salvar a vida, Pablo réstalle importancia á súa acción e ten claro que volvería facelo.

O Pazo de Fonseca onde traballan Pablo e David acolle ata o 24 de setembro unha exposición da Asociación Ourives de Compostela. A entidade quixo recoñecer a valentía de Pablo e esta mañá rendéronlle unha homenaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar