Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan con vida o francés cuxo veleiro envorcara en Malpica

Rescatan con vida o francés cuxo veleiro envorcara en Malpica

Trátase dun home de 62 anos que tripulaba o veleiro francés Jeanne Solo Sailor, que foi localizado na véspera coa quilla ao sol preto das illas Sisargas contra as oito da tarde deste luns

Imaxe do veleiro envorcado. FOTO / Salvamento Marítimo
G24.gal 02/08/2022 09:38 Última actualización 02/08/2022 12:46

Un equipo de mergulladores rescatou con vida o home francés cuxo veleiro envorcara onte pola tarde en Malpica

A embarcación apareceu envorcada ás 20 horas de onte, luns, e unha primeira inspección apunta a que estaba tripulado por unha persoa. O veleiro Jeanne Solo Sailor estaba 14 millas ao nornoroeste das Sisargas.

O seu único tripulante era un home francés de 62 anos e Salvamento Marítimo organizou un dispositivo para buscalo, aínda que o rastrexo durante a noite por mar e aire non deu resultado.

Por iso, estaba previsto o envío dun equipo de mergulladores en canto as condicións do mar fixesen viables as inmersións na área.

Ás 12 horas deste mediodía, un equipo de mergulladores de Ardentia Marine da base estratéxica de Fene puideron acceder ao interior do barco e o home foi rescatado con vida.

O Helimer 402 recolleuno no punto e trasladouno ao aeroporto coruñés de Alvedro, segundo informou Salvamento Marítimo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade