Sálvanlle a vida a un home que caeu co coche ao mar no peirao de Bouzas
Sálvanlle a vida a un home que caeu co coche ao mar no peirao de Bouzas
Dous mozos pertencentes á Escola de Remo de Vigo salváronlle a vida a un home que apareceu aboiando boca abaixo na dársena de Bouzas. Por causas que se investigan, o seu coche caera ao mar minutos antes
Ían a bordo da súa embarcación, ensinando a varios menores as tácticas deste deporte, cando os alertaron dende terra do sucedido
Noelia e Pedro, de 21 e 19 anos, son dous remeiros da escola en Vigo. Agora tamén son coñecidos como a parella que lle salvou a vida a un home que caeu á auga co seu coche neste peirao de Bouzas.
Porque, nese intre, Pedro estaba axudando a Noelia a levar na pneumática os nenos e nenas deste campamento de remo. Atopáronse de súpeto coas chamadas de auxilio de varias persoas en terra, ata que atoparon o corpo deste home.
E tras facerlle a reanimación da auga, conseguiron levalo a terra con pulso e un fío de vida ata que chegaron os equipos médicos.
Pedro, en concreto, estuda Medicina en Santiago, aínda que ningunha práctica na universidade foi coma esta.
Os dous son conscientes de que lle salvaron a vida a este home grazas ao seu traballo en equipo, disciplina e constancia que lles ensinou este deporte. Valores que poñen en práctica cada día que saen ao mar a bordo da súa embarcación.