Publicador de contidos
Publicador de contidos

Samertolameu e Cabo agardan con impaciencia a estrea na Liga ACT

Samertolameu e Cabo agardan con impaciencia a estrea na Liga ACT

Cabo cumpre a décima temporada consecutiva e Samertolameu volve á elite do remo despois de oito temporadas

A Coruña acolle a primeira fin de semana de remo cunha bandeira a dobre xornada

G24.gal 28/06/2023 21:49

O sábado comeza a liga ACT con dous equipos galegos, Samertolameu de Meira e Cabo de Cruz.

Para os de Moaña será o regreso á elite despois de oito anos de ausencia. Tivo que afrontar bastantes cambios con relación á temporada do ascenso. Marchou o adestrador Dani Pérez, que se foi a Ziérbena, e tiveron que tirar a última hora dun vello coñecido para a posición de patrón. Jacobo Gayo volveu despois de cinco anos sen estar na popa da traiñeira. 

A embarcación de Boiro encara a súa décima temporada consecutiva na máxima competición de traiñeiras. E non queren renunciar a nada. Houbo cambio de adestrador, co ascenso de Diego Suárez desde o equipo B. Manteñen o bloque do ano pasado con incorporacións de calidade como Luís González, Iago Motos ou Berto Casolas.

A competición comeza este sábado na Coruña, haberá tres bandeiras en Galicia; A Coruña, Boiro e Moaña. Serán dezaoito en total. E poderán seguir o espectáculo das traiñeiras pola nosa segunda canle.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar