Publicador de contidos
Publicador de contidos

San Pedro da Ramallosa enche os seus postes de arte para combater o feísmo

San Pedro da Ramallosa enche os seus postes de arte para combater o feísmo

O artista Juan Rivas emprega como lenzo elementos que noutras circustancias afearían a paisaxe

Unha das obras de Juan Rivas en San Pedro da Ramallosa
G24.gal 13/08/2024 15:59 Última actualización 13/08/2024 21:19

Nos últimos días foron aparecendo obras de arte en distintos puntos de San Pedro da Ramallosa en Nigrán. Estas non tardaron en facerse virais nas redes sociais.

O obxectivo desta exposición ao aire libre, encargada polo Concello, non era outro que poñer en valor esta zona rural de Nigrán.

O alcalde de Nigrán, Juan González, di entre gargalladas que a xente pregunta se Bansky pasou por aí, pero o autor da obra non é outro que o Pontevedrés Juan Rivas.

O artista di que estas obras tratan de "buscar pequenos puntos de interese na propia paisaxe" e que "están integradas e mesmo pasan desapercibidas". Juan Rivas engadiu que a exposición pode ser entendida como "un xogo", no que hai que atopar as ilustracións e os escenarios representados.

Aquí os lenzos son postes da luz, do teléfono ou mesmo o pau dunha canastra. Elementos que normalmente afean a paisaxe pero que dende hai uns días son auténticas obras de arte.

O Concello ten previsto xeolocalizar estas obras de arte para que tanto os veciños coma os turistas poidan descubrir estas paisaxes que se funden coa propia paisaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos