Sánchez advirte de que derrogar as súas reformas freará a economía española, que "vai como unha moto"

O xefe do Executivo destacou o liderado de España na execución dos fondos europeos
O Goberno vai aprobar mañá a addenda para mobilizar máis de 90.000 millóns de fondos europeos. Pedro Sánchez dixo que o obxectivo é manter a folla de ruta para modernizar a economía española, e advertiu que calquera alteración da política económica actual pon en perigo o crecemento.
Nunhas xornadas sobre os Fondos de Recuperación, o xefe do Executivo detallou que España xa recibiu 37.000 millóns en tres desembolsos, e destacou o grao de execución dos mesmos. "Hai 121 fitos e obxectivos xa cumpridos, case un terzo dos comprometidos, e podemos afirmar que España cumpre máis e mellor que ninguén en toda Europa. Isto quere dicir que economía española vai ben? Non, quere dicir que a economía española vai como unha moto. E se alguén ten unha alternativa de política económica, que erga a man e explique como vai mellorar estes datos", retou Sánchez.