Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez agarda abordar pronto a retirada da máscara en interiores

Sánchez agarda abordar pronto a retirada da máscara en interiores

O presidente do Goberno vinculou a decisión a "cando o diga a ciencia e os profesionais sanitarios"

Sánchez pronunciouse sobre o uso da máscara tras unha reunión coa primeira ministra de Dinamarca
G24.gal 21/02/2022 16:51

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, espera poder abordar o debate sobre a retirada de máscaras en interiores "proximamente" e "máis pronto que tarde" no seo da Conferencia Interterritorial de Saúde, que reúne a Goberno e comunidades, tras escoitar a opinión dos expertos e dos sanitarios.

Así o dixo Sánchez en conferencia de prensa este luns tras a reunión coa primeira ministra de Dinamarca, Mette Frederiksen, país que o pasado 2 de febreiro levantou todas as restricións aplicadas contra a covid.

"Ten que ser a comunidade científica, en primeiro lugar, a que nos dea a súa opinión e a partir de aí o Goberno de España acordará co resto de comunidades autónomas as medidas que vaian na liña de recuperar a nosa ansiada normalidade. Creo que esa porta abrirémola cando proceda, cando o diga a ciencia, cando o digan os profesionais sanitarios", dixo Pedro Sánchez.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade