Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez garante o apoio a Ucraína "o tempo que faga falta" sen importar o "prezo"

Sánchez garante o apoio a Ucraína "o tempo que faga falta" sen importar o "prezo"

Sánchez, ante o Parlamento ucraíno: "Só Ucraína pode establecer os termos e tempos para a negociación de paz"

O presidente español anunciou o envío doutros catro tanques Leopard e de vehículos blindados para o transporte de tropas

Comprometeuse a unha nova axuda de 55 millóns de euros e a continuar subministrando armas e deulle o seu apoio á entrada do país na UE

Pedro Sánchez abrázase con Zelenski, este sábado en Kíiv
G24.gal 01/07/2023 14:06 Última actualización 01/07/2023 21:18

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, anunciou este sábado durante a súa visita a Kíiv que España enviará a Ucraína outros catro tanques de combate Leopard e vehículos blindados de transporte de tropas.

"Enviaremos moi pronto novo material militar pesado, serán catro tanques Leopard máis e vehículos blindados de transporte", dixo Sánchez nunha rolda de prensa xunto ao presidente ucraíno, Volodímir Zelenski.

España xa enviou a Ucraína outros seis tanques Leopard que foron anunciados durante a visita que fixo Sánchez a Kíiv no mes de febreiro. Sánchez xa apuntou entón a posibilidade de enviar outros catro tanques.

Sánchez ante o Parlamento ucraíno: "Europa está convosco"

"Estou moi agradecido de estar hoxe aqui nesta xornada tan especial para o meu país. España asume este 1 de xullo, a gran responsabilidade de dirixir a presidencia de quenda do Consello da Unión Europea durante o próximos seis meses”,comezou  Sánchez.

 “E quería que o primeiro que fixese no meu novo posto fora dirixirme ao pobo de Ucraína a través do seu Rada. Quería dicirvos que estamos e estaremos convosco o tempo que faga falta. Quería dicirlles que apoiaremos a Ucraína sen importar o prezo para pagar. Que estaremos convosco na consecución das vosas aspiracións de ser un país libre e soberano que decida o seu propio destino como membro da familia europea”.

Sánchez, que está a falar en inglés, engadiu: “Só Ucraína pode establecer os termos e tempos para as negociacións de paz. Outros países e rexións están a propoñer plans de paz. A súa participación é moi apreciada, pero, ao mesmo tempo, non podemos aceptalos por completo. Esta é unha guerra de agresión, cun agresor e unha vítima. Non poden ser tratados por igual. E ignorar as regras de ningunha maneira debe ser recompensado. Por iso apoiamos a fórmula de paz do presidente Zelenski, respectuosa co Dereito Internacional e a Carta da ONU”.

Sánchez anunciou unha nova achega de 55 millóns de euros, “incluída a oferta de 51 millóns de euros a través do Grupo do Banco Mundial para axudar a financiar pequenas e medianas empresas en Ucraína, así como catro millóns de euros ao Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento para dotar ás escolas de Ucraína de escolas ecolóxicas e sistemas enerxéticos resilientes”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade