Publicador de contidos
Publicador de contidos

O quita e pon de bandeiras no día do orgullo LGTBI marca a campaña electoral

O quita e pon de bandeiras no día do orgullo LGTBI marca a campaña electoral

G24.gal 28/06/2023 14:54 Última actualización 28/06/2023 15:09

O Partido Popular emitiu este mércores un comunicado asegurándolle ao colectivo LGTBI que nunca deixará de defendar a liberdade e a diversidade. Tamén se pronunciou o seu líder, Alberto Núñez Feijóo, polas redes.

O PSOE fai ondear a bandeira arco iris nesta xornada. Pedro Sánchez insiste en que os pactos entre o PP e Vox supoñen un retroceso en dereitos. "Cando se quitan esas bandeiras das fachadas das institucións públicas estase dicindo algo moi perigoso: que esas zonas xa non son seguras", asegurou o secretario xeral dos socialistas.

Unha das comunidades onde negocian PP e Vox é Estremadura. A candidata popular pedira tempo para pechar un acordo pero, finalmente, a presidenta do Parlamento decidiu que vai ser o socialista Guillermo Fernández Vara o candidato á investidura.

O pleno celebrarase o 5 e 6 de xullo, o día antes de arrancar a campaña das xerais. E nesa contenda xa hai unha data destacada: o 10 de xullo Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo manterán un debate cara a cara.

Aos socialistas sábelles a pouco. Isabel Rodríguez, voceira do Goberno pregúntase "por que en lugar de debatir e atender todas as peticións que teñen dos medios di que só a unha e a regañadentes?".

Tampouco se contenta Sumar, que pide un debate a catro. Para Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, "este debate a dous, de dous homes, non representa a España das mulleres, hai unha parte da poboación que queda fóra, é unha España do pasado". 

Mentres non chega o día, os partidos continúan coa súa axenda. Hoxe Pedro Sánchez ironizou sobre a campaña do PP, "Verano Azul". "Non imaxino a Feijóo e Abascal cantando non matedes o meu planeta, por favor", dixo durante unha entrevista que realizou el mesmo á súa responsable de política climática, Teresa Ribera, na sede do PSOE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade