Sánchez fala con Netanyahu e dille que hai que evitar que o conflito se estenda
Sánchez fala con Netanyahu e dille que hai que evitar que o conflito se estenda
O presidente en funcións pídelle un "alto o fogo" para que a axuda humanitaria chegue á poboación gazatí
O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, conversou este domingo co primeiro ministro de Israel, Benjamín Netanyahu, ao que manifestou que hai que "evitar que o conflito se estenda ao resto da rexión" e volveu condenar "os ataques terroristas de Hamás".
Recalcoulle que Israel ten dereito a defenderse "dentro dos límites do dereito internacional e humanitario" e reiteroulle a súa solidariedade coas familias das vítimas
Así mesmo, transmitiulle a súa "fonda preocupación pola protección de todos os civís e a necesidade de que a axuda humanitaria chegue á poboación de Gaza de maneira suficiente e sostida", sinalou na súa conta de X (antes Twitter). Para iso, pídelle un alto o fogo.
Para Pedro Sánchez, "hai que evitar que o conflito se estenda ao resto da rexión. Debemos abordar unha solución definitiva para a paz, baseada na solución de dous Estados, Israel e Palestina, que coexistan en paz e seguridade".
Esta é a primeira conversa que ten lugar entre ambos os dous mandatarios desde os ataques de Hamás a Israel do día 7 de outubro.
Acabo de conversar con el primer ministro @netanyahu. Le he reiterado la condena a los ataques terroristas de Hamás contra Israel y su derecho a defenderse de ellos, dentro de los límites del derecho internacional y humanitario. Le he reiterado también mi solidaridad con las…
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) October 22, 2023