Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez rexeita o tope ao gas da Comisión: "Non imos polo bo camiño"

Sánchez rexeita o tope ao gas da Comisión: "Non imos polo bo camiño"

"Temos instrumentos dabondo para poder defender fogares, industrias e empresas", di o presidente español

G24.gal 23/11/2022 16:36 Última actualización 23/11/2022 16:56

 O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, reclamou este mércores "compromiso" e "ambición" á Comisión Europea ante os prezos enerxéticos porque cre que a proposta do tope ao gas que expuxo significa que "non imos polo bo camiño" e é "claramente insuficiente".

Sánchez ratificou as críticas do Goberno a esa proposta da Comisión na rolda de prensa que ofreceu xunto ao primeiro ministro de Romanía, Nicolae Ciuca, no primeiro cumio entre os dous países e que se celebrou en Castelló.

O xefe do Executivo sinalou que a formulación da Comisión pode ter "efectos perversos" mesmo de aumento de prezo, e por iso considera que todo o esforzo é pouco para que o próximo Consello Europeo de decembro acorde unha proposta que responda verdadeiramente o desafío ao que se están enfrontando fogares, industrias e empresas en Europa.

Ante a "alza de prezos disparado e disparatado" do gas, esixiu á Comisión "compromiso europeo" e "ambición" da que carece a iniciativa presentada.


"Necesitamos actuar xa, non podemos permitirnos un día máis. Imos con enorme atraso e o Goberno vai ser contundente e rotundo na defensa de algo que é de sentido común, porque temos instrumentos dabondo para poder defender a fogares, industrias e empresas", engadiu.

E para iso insistiu en que o que fai falta é "vontade política" e que iso é o que vai defender no cume europeo de decembro.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade