Cargando resultados...
Sánchez saúda o plan de autonomía marroquí para o Sáhara Occidental
Sánchez saúda o plan de autonomía marroquí para o Sáhara Occidental
Un conflito territorial 47 anos empantanado
G24.gal
04/04/2022 15:44
O Goberno español apoiou abertamente por primeira vez o plan marroquí de autonomía para o Sáhara Occidental. Pedro Sánchez di que é a única solución a este conflito territorial, que profundiza na vía adoptada por anteriores executivos e que permite poñerlle fin as danadas relacións bilaterais co reino alahuita. Pero quedou só na defensa desta solución que non apoian nin os seus socios no Goberno nin os seus aliados parlamentarios nin a oposición. Para o pobo saharahuí é a segunda gran traizón de España desde que coa presión pola ocupación marroquí abandonou a colonia hai 47 anos.