Sanidade confirma 35 casos da variante delta plus en España
Sanidade confirma 35 casos da variante delta plus en España
26 en Cataluña, 3 en Castela-A Mancha, 2 en Castela e León, 2 en Madrid e 2 en Valencia
A variante delta plus pode ser un 15 % máis contaxiosa que a delta india
O Ministerio de Sanidade confirmou 35 casos da variante delta plus do coronavirus, ningún deles en Galicia.
Os diagnosticados ata o de agora son 26 en Cataluña, 3 en Castela-A Mancha, 2 en Castela e León, outros 2 en Madrid e 2 máis en Valencia.
A porcentaxe con respecto ao total de contaxios en España é baixa, pero, segundo o informe de Sanidade, hai unha tendencia á alza nas últimas semanas, e neste momento é probable que haxa máis casos.
A variante delta plus pode ser un 15 % máis contaxiosa que a delta india, da que deriva. É a que está a provocar un aumento de infeccións no Reino Unido.