Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade saca adiante o plan antitabaco co consenso das comunidades do PP

Sanidade saca adiante o plan antitabaco co consenso das comunidades do PP

Julio Comesaña celebrou que se recollan medidas como que o aumento da fiscalidade do tabaco redunde en medidas de prevención

O conselleiro de Sanidade tamén abriu a porta a que a autorregulación dos espazos sen fume poida debaterse no desenvolvemento lexislativo da norma

As claves do plan antitabaco, que haberá que materializar en leis, son estas

G24.gal 05/04/2024 18:13 Última actualización 05/04/2024 21:53

O Ministerio de Sanidade aprobou finalmente o Plan integral de prevención do tbaquismo 2024-2027 co aval de todas as comunidades, tamén as do PP, "moi satisfeitas" por este día importante para a loita contra o tabaco.

"Desde hoxe, este plan é unha realidade e este logro é un motivo de orgullo nacional", salientou a ministra de Sanidade, Mónica García, ao termo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Un plan que, segundo dixo, "emana do traballo de todas as comunidades" e que finalmente toca materializar nunha serie de iniciativas lexislativas, entre elas as que regularán os novos espazos sen fume ou o empaquetado xenérico.

Nesta percepción coincidiu o conselleiro galego de Sanidade, Julio García Comesaña, quen celebrou que se recollesen a maioría de propostas autonómicas, entre elas que o aumento da fiscalidade do tabaco redunde en medidas de prevención. Tamén abriu a porta a que a autorregulación dos espazos sen fume poida debaterse no desenvolvemento lexislativo.

"É un día importante para a loita contra o tabaco e as comunidades do PP estamos satisfeitas con que o plan recolla todo o que recolle", subliñou Comesaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade