Antoñín Cortés rompe a xeira sen marcar do Lugo para sacar un empate
Antoñín Cortés rompe a xeira sen marcar do Lugo para sacar un empate
Igualada no campo do Sanse (1-1) despois de pasar 360 minutos sen marcar un gol
Un gol de Antoñín Cortés rompeu unha serie de 360 minutos sen marcar e permitiulle ao Lugo sumar un punto no campo do filial da Real Sociedade (1-1).
Na primeira metade o Lugo deixou moito que desexar. Foi o Sanse o que levou a iniciativa do partido. Avisou en tres ocasións con achegamentos de Goti, Fiabema e Éder e marcou aos 29 minutos cun remate de Azkune á saída dun córner.
Do Lugo houbo moi poucas novas en ataque. Precisaba mudar dun xeito radical na segunda parte e abofé que o intentou o equipo de Munitis. Jozabed estivo moi participativo e botou o equipo ao lombo. Del foron un par de disparos desde a frontal que puxeron algo de alegría ofensiva. Tamén o buscou Johaneko pero dun xeito inocente.
No minuto 81 o Lugo fixo bo un saque de banda. Johaneko púxoo na área cativa e Antoñín Cortés cabeceou á rede. Foi o premio para un Lugo que mellorou no segundo tempo e logrou a igualada.