Publicador de contidos
Publicador de contidos

Santi Mina recibe unha oferta do club saudita Al Shabab

Santi Mina recibe unha oferta do club saudita Al Shabab

O acordo co Celta é total para a súa cesión

G24.gal 08/08/2022 15:54

Santi Mina, condenado en primeira instancia a catro anos de prisión por un delito de abuso sexual, podería continuar a súa carreira deportiva no equipo saudita Al Shabab se acepta a oferta do conxunto dirixido polo español Vicente Moreno.

O futbolista non xoga un partido co equipo galego desde a sentenza da Audiencia Provincial de Almería a principios de maio.

Apartado desde entón da dinámica do grupo por decisión do presidente, Carlos Mouriño, os avogados de Santi Mina solicitaron a mediados de xullo a incorporación inmediata do xogador ás sesións de adestramento.

Unha reclamación que xerou unha total discrepancia entre o xogador e os dirixentes do Celta, que buscaron, sen éxito, que se marchase cedido ao Aris de Salónica ou aos Emiratos Árabes Unidos.

Agora é o Al Shabab, rival do Celta o pasado sábado no Memorial Quinocho, o que presentou unha última oferta polo xogador, xa que o acordo coa entidade viguesa é total para a súa cesión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade