Publicador de contidos
Publicador de contidos

Santiago acolle o primeiro cumio euroamericano de ministros de Economía

Santiago acolle o primeiro cumio euroamericano de ministros de Economía

47 ministros deseñan o investimento de 45.000 millóns de euros na América Latina

A volta ás regras fiscais na UE, prato forte da segunda xornada

O grande operativo de seguridade do Ecofin só causa molestias en certos puntos

Antón Montero 15/09/2023 20:41 Última actualización 15/09/2023 21:39

47 ministros de Economía e Finanzas de Europa e América consolidan desde hoxe en Santiago unha alianza transoceánica. A capital galega acolle unha das citas máis importantes do semestre de presidencia española da Unión Europea.  

Nunca antes se reuniran baixo o mesmo teito os responsables de finanzas da Unión Europea, da América Latina e do Caribe.

Ademais de 47 ministros, en Santiago están tamén representantes do Fondo Monetario Internacional, do Banco Mundial ou do Banco Central Europeo para poñer letra pequena a ese compromiso europeo de investir máis de 45.000 millóns de euros na outra beira do Atlántico.

Este venres en Compostela definiron 9 grandes proxectos, tan dispares como un para protexer o Amazonas, outro para impulsar a minería sustentable en México ou a construción dunha liña de metro en Bogotá.
 

Nadia Calviño, ministra de Asuntos Económicos en funcións, explicou que "falamos de proxectos reais e mostramos a determinación de facer un marco de gobernanza que garanta que estes proxectos se van facer realidade e terán un impacto positivo sobre o crecemento económico inclusivo e xusto na rexión".
 

Pola mañá, os países do euro repasaron o estado de saúde da economía europea. A presidenta do BCE defendeu a súa última suba das taxas de xuro, un movemento delicado que, segundo Christine Lagarde, non cuestionou ningún dos ministros.

Sorprendeu a presenza en Compostela de 4 dos cinco candidatos que pelexan pola presidencia do Banco Europeo de Investimentos, a pesar de que deles só Nadia Calviño é ministra. En calquera caso, non está previsto que do cumio saia o nome do elixido.
 

Calviño cre que "dado o calibre dos competidores e das persoas que se están presentando para o posto, creo que non podemos dar nunca nada por sentado".
 

Este sábado, os ministros europeos debaterán o retorno ás regras fiscais, unha volta á disciplina nas contas que España quere acordar antes de que remate o ano e a súa presidencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade