Publicador de contidos
Publicador de contidos

Santiago acolle o Simposio de Biopsia Líquida, a análise de sangue para gañarlle a carreira ao cancro

Santiago acolle o Simposio de Biopsia Líquida, a análise de sangue para gañarlle a carreira ao cancro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou por potenciar a prevención desde a administración 

G24.gal 26/01/2024 15:51 Última actualización 26/01/2024 16:04

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou por potenciar a prevención desde a administración no ámbito oncolóxico e destacou a importancia dos cribados que se están realizando na sanidade pública galega.

Durante a inauguración o IX Simposio de Biopsia Líquida, este venres en Santiago de Compostela, considerou que é "na parte da prevención onde temos que facer moito as administracións" e indicou que os cribados que realiza o Servizo Galego de Saúde (Sergas) están a demostrarse "exitosos" neste sentido.

O coordinador científico do foro e xefe de Oncoloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago, Rafael López, referiuse en concreto á técnica da biopsia líquida -proba analítica dunha mostra de tecido biolóxico non sólido, principalmente sangue- como "unha ferramenta" para cambiar e "eliminar o sufrimento do cancro".

"Isto non é unha simple análise, é introducirnos en algo que vai cambiar a forma de facer a oncoloxía, seguro", manifestou durante a súa intervención, na que apuntou que tamén cambiará "a medicina de precisión".

Polo que, "canto antes empecemos ese camiño, canto antes teñamos a revolución, canto antes apoiemos estes cambios, deixaremos un mundo máis sostible aos nosos descendentes", asegurou.

Pola súa banda, Rueda agradeceu o labor dos "magníficos profesionais" da investigación e a medicina que son "a nosa esperanza" contra o cancro e dixo que á administración pública correspóndelle "apoiarlles con recursos ben dirixidos" e investimentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade