Cargando resultados...
Santiago rememora o histórico Banquete de Conxo
Santiago rememora o histórico Banquete de Conxo
Os composteláns participan na romaría que se celebra na carballeira de Conxo
A compañía Os Quinquilláns encargouse da recreación de teatral do xantar de confraternidade entre clases sociais celebrado no século XIX
G24.gal
26/05/2024 15:05
A romaría do Banquete de Conxo é xa unha cita consolidada en Santiago.
O dous de marzo de 1856, estudantes de clase alta serviron un banquete a traballadores e artesáns, como mostra de respecto e igualdade. Foi un acto subersivo, que fixo desaparecer as clases sociais por un día e incomodou os sectores máis conservadores da cidade.
Hoxe igual que entón, Rodríguez Seone, Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre brindaron na carballeira pola igualdade, a orde e a fraternidade. A compañía teatral Os Quinquilláns encargouse da recreación.