Cargando resultados...
Santiago tamén rexistra unha forte treboada de chuvia e pedrazo
Santiago tamén rexistra unha forte treboada de chuvia e pedrazo
G24.gal
04/06/2023 21:14
Santiago tampouco se librou das treboadas como sucedeu na zona de San Marcos e A Lavacolla, contra as seis da tarde.
Unha xornada máis, o sol e a calor das primeiras horas deron paso á unha chuvia intensa acompañada de sarabia provocando balsas de auga na calzada e pequenas inundacións. As precipitacións duraron unha media hora.
Ademais de Lugo e Ourense, a Xunta ten activada a alerta amarela no interior das provincias da Coruña e Pontevedra.