Sanxenxo, entre as dez vilas máis felices de España
Sanxenxo, entre as dez vilas máis felices de España
O estudo de Azucarera tamén destaca a Allariz no numero 35
Os enquisados valoraron o ambiente, a gastronomía ou a beleza das vilas
No cumio da alegría, pisándolles os talóns a Ronda, Nerja e Chipiona, Sanxenxo emerxe como unha das vilas máis felices de España. A fórmula ten varios ingredientes e para coñecela nada mellor que preguntarlles aos veciños.
"A hospitalidade, somos xente moi acolledora".
"O clima é boísimo, noutros sitios chove ou abafa, aquí sempre ben".
"Os cartos, aquí hai capital e iso axuda á felicidade", din algúns veciños.
Unha alegría que contaxian aos visitantes, aos que esta localidade tamén lles debuxa un sorriso.
"A xente é moi riseira e ten moi bo carácter".
"É preciosa a zona, a temperatura e a acollida da xente", din os turistas.
Tanto lles gusta que moitos regresan cada ano por esa dose de felicidade, convertida en praia, gastronomía e un sol que quenta pero non abrasa.
"Hai microclima, pódese pasear".
"A comida, a vista, todo".
"O refrán di, onde van cen vai ti tamén, e aquí fan caso, en xullo e agosto está tremendísimo de xente".
E do mar ao río, concretamente a Ourense para visitar outra vila feliz. Falamos de Allariz, o número 35 da lista. A tranquilidade e a beleza, tanto da vila como da contorna natural, foron os valores máis destacados polos votantes desta singular enquisa encargada por Azucarera á consultora Yougov.