Publicador de contidos
Publicador de contidos

Saqués: "O presuposto que imos ter será netamente inferior ao do ano pasado"

Saqués: "O presuposto que imos ter será netamente inferior ao do ano pasado"

O presidente do Lugo presentou o novo director deportivo Roberto Sáez

G24.gal 19/06/2024 21:38

Tino Saqués presentou o novo director deportivo do conxunto do Club Deportivo Lugo Roberto Sáez. No acto tamén falou da situación económica da entidade e da situación do cadro de xogadores. "O presuposto será netamente inferior ao do ano pasado", recoñeceu o mandatario. "Estaremos nunha zona medio-alta para a categoría", dixo Saqués, que o ano pasado contou cun orzamento moito maior ao cobrar o seguro de descenso da Liga de Fútbol Profesional. 

O novo director deportivo chega avalado polo bo traballo que realizou no Mirandés, un equipo que se caracterizou por apostar pola xente nova. "Quero homes, non nomes", dixo Sáez, que buscará xogadores dun perfil similar ao que fixo en Miranda de Ebro, apostar pola xuventude, "xente con fame de triunfar no fútbol". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade