Publicador de contidos
Publicador de contidos

Satisfacción na Xunta polos avances na limpeza das faixas de protección forestal

Satisfacción na Xunta polos avances na limpeza das faixas de protección forestal

O director xeral de Defensa do Monte asegura que nos últimos anos o nivel de cumprimento da obriga "aumentou dez puntos"

G24.gal 02/06/2024 11:19 Última actualización 02/06/2024 12:06

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, afirma que están "satisfeitos" polo nivel de cumprimento dos propietarios forestais á hora de limpar as faixas de protección contra incendios. Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega, Rodríguez asegura que nos últimos anos aumentou en "dez puntos". 

Rodríguez fixo fincapé no convenio de protección das aldeas subscrito en 2018 entre a Xunta,  a Federación Galega de Municipios e Provincias e a empresa pública Seaga para acometer estes labores. Segundo Rodríguez, este traballo é "ímprobo e pouco agradecido", pero fala de satisfacción pola acollida entre os propietarios. 

"Un labor ímprobo, pouco agradecido porque consiste en recordarlles continuamente aos nosos veciños esa obriga. Imos avanzando nos últimos anos. O convenio existe xa hai cincos anos e estamos satisfeitos en canto ao avance nas comprobacións. Se comproba por parte de persoal da empresa pública Seaga. O nivel de cumprimento avanzou dez puntos nos últimos anos. É boa noticia pero queda moito traballo".

Palabras de Rodríguez na semana na que o Consello da Xunta aprobou o Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais deste ano, o PLADIGA. É a folla de ruta de actuación da Xunta na loita contra os lumes no monte e que este ano ten coma principais novidades a incorporación de 24 novas cámaras en 12 localizacións, co que xa son 177 en 88 puntos da xeografía galega. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade