Segue a busca do veciño de Rairiz de Veiga con alzhéimer desaparecido desde o venres
Segue a busca do veciño de Rairiz de Veiga con alzhéimer desaparecido desde o venres
Un helicóptero súmase ao operativo para localizar o ancián, no que traballan a Garda Civil, Protección Civil, Axega con drons e veciños
Continúa, polo momento sen éxito, a busca do ancián que desapareceu o venres á tarde no concello ourensán de Rairiz de Veiga.
Un helicóptero sumouse este domingo ao operativo que dende o primeiro momento rastrexa toda a zona da parroquia de Sabariz, onde vivía.
Veciños, protección civil e garda civil participan nos labores de busca, que por agora non deron resultado.
O home, de 97 anos, sofre alzhéimer e precisa medicación para a diabetes. A preocupación da familia vai en aumento logo de dúas noites á intemperie. A familia solicita nas redes sociais axuda urxente para dar con el canto antes. Levan máis de 48 horas sen saber del.