Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segue o operativo de busca de David Mitogo nas augas do río Miño

Segue o operativo de busca de David Mitogo nas augas do río Miño

A busca seguirá na tarde do luns cando está previsto que a Garda Civil sume o operativo dous cans especializados na localización de corpos en medios acuáticos

G24.gal 15/05/2023 14:19 Última actualización 15/05/2023 14:52

Os servizos de emerxencia despregaron un amplo dispositivo de busca no río Miño, dende o encoro de Castrelo ata o da Frieira. Unha área duns trece quilómetros en que o grupo especial de actividades subacuáticas da Garda Civil traballa na procura dalgunha pista do paradoiro de David García Mitogo, desaparecido dende o pasado xoves.

Está previsto que cheguen tamén cans adestrados no rastrexo de corpos en medios acuáticos. O dispositivo de busca comeza á primeira hora da mañá. O operativo desenvólvese nunha área duns trece quilómetros de lonxitude ao longo do curso do río Miño.

Alí buscan a David Mitogo dende o pasado xoves. Atoparon o seu teléfono móbil nunha ponte río arriba despois de que enviara mensaxes que parecían de despedida a varios coñecidos. É o terceiro día que os GEAS colaboran tamén na súa busca.

"Fixemos inmersión na zona da posible desaparaición e entón hoxe imos focalizarnos un pouco máis a ver se pode estar flotando pola marxe dalgún río", explica Tino Gago, subtenente xefe do GEAS do grupo de mergulladores da Coruña.

A Garda Civil, Protección Civil e moitos voluntarios, veciños e compañeiros de David colaboran tamén na súa busca 

"Temos xente que nos está botando unha man, sobre todo xente aficionada a mountain bike que está polas zonas de monte, xnte tamén a pé. Pero no que é o río é a zona de actuación entre dous encoros, o de Castrelo e o de Frieira, porque a ponte queda moi preto do de Castrelo de Miño e claro, o tramo ata Frieira é moi longo. É un sitio bastante complicado", apunta Rodrigo Aparicio, alcalde da Arnoia.

David é xogador de fútbol no Atlético Arnoia, ten 32 anos, é unha persoa moi coñecida aquí. Familiares e achegados saben que o paso dos días sen ter noticias corre na súa contra, pero aínda así non perden a esperanza, como di Fe Modesta, nai de David García Mitogo:

"Nunca, nunca. Só atoparon seu móbil nunha ponte e non significa que non haxa esperanzas. Temos toda a fe de que volva".

A busca seguirá na tarde do luns cando está previsto que a Garda Civil sume o operativo dous cans especializados na localización de corpos en medios acuáticos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade