Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segue sen control o megaincendio en Evros, o peor dos que afectan Grecia

Segue sen control o megaincendio en Evros, o peor dos que afectan Grecia

Nas últimas 24 horas apareceron 15 focos en Evros, nunha liña de 20 quilómetros e que as autoridades están a investigar se se trata de incendios provocados

Estímase que no que vai de ano ardeu xa o equivalente ao 1 % da superficie de Grecia 

G24.gal 28/08/2023 09:58

O incendio que desde hai dez días arrasa a rexión grega de Evros segue sen control este luns baixo o risco de que un cambio na dirección do vento empuxe as lapas cara ao bosque de Dadia.

O vicegobernador de Evros, Dimitris Petrovich, asegurou que se trata dun "megaincendio" que se estende ao longo de moitos quilómetros, e que a situación se complica pola secura do terreo debido á falta de choivas os últimos meses.

Este é a principal fronte dos que afectan a Grecia desde fai dez días, e Petrovich afirmou que é o peor dos incendios actualmente activos en Europa.

"En condicións moi adversas conseguimos facer fronte a case todos os incendios, coa excepción, por suposto, de Evros, onde se creou unha fronte moi difícil", sinalou o portavoz dos bombeiros, Giannis Artopoios.

Artopoios sinalou que nas últimas 24 horas apareceron 15 focos en Evros nunha liña de 20 quilómetros e que as autoridades están a investigar se se trata de incendios provocados.

A estratexia é crear agora unha "liña de defensa" para evitar que o lume avance cara a Dadia, e dixo que se abrirán devasa onde sexa posible.

Preocupa, con todo, o posible cambio de vento desde o sur que, se se produce, empuxaría o lume cara a Dadia.

O portavoz indicou que se vai reforzar o dispositivo terrestre ata chegar a 474 bombeiros en Evros.

Xa arderon 73.000 hectáreas e afecta a un parque nacional

Na rexión de Evros arderan ata o pasado sábado máis de 73.000 hectáreas, 13.000 delas no Parque Nacional de Dadia.

Os incendios deste verán en Grecia foron os peores en Europa desde que existe rexistros, segundo informou a Unión Europea.

En total, estímase que no que vai de ano ardeu xa o equivalente ao 1 % da superficie de Grecia, unha porcentaxe moita maior que o 0,33 % de media do período 2006 a 2022.

No bosque de Dadia localizáronse o pasado martes 18 cadáveres calcinados de inmigrante que entraran irregularmente desde Turquía.

Tamén se atopou outro corpo, que se cre igualmente pertence a un inmigrante.

Un gandeiro morreu ao tentar rescatar aos seus animais, e as autoridades aínda non se pronunciaron sobre outros oito corpos que, segundo informaron varios medios gregos, foron localizados xuntos na zona de Dadia o martes.

Un cranio humano calcinado foi localizado o sábado na zona de Parnitha, ao norte de Atenas, outra das áreas afectadas pola onda de incendios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade