Publicador de contidos
Publicador de contidos

Seguen á alza os contaxios nas áreas sanitarias da Coruña e Santiago

Seguen á alza os contaxios nas áreas sanitarias da Coruña e Santiago

A área da Coruña bateu marcas, con 1.660 novos positivos en 24 horas

Na de Santiago rexístranse 1.364 contaxios na última xornada

A Laracha e Ribeira superan os 3.000 casos de incidencia acumulada a 14 días

G24.gal 12/01/2022 14:50

A sexta onda segue collendo altura na Coruña e Santiago. Na área sanitaria coruñesa rexistraron 1.660 contaxios en 24 horas, unha cifra nunca vista na pandemia, mentres que en Santiago foron máis de 1.300 positivos na última xornada.

"Xa avisaron de que pasaría antes do Nadal e finalmente pasou, a xente non ten coidado"

"A cidadanía ten que concienciarse e vacinarse por eles e polos demais"

"Son moitos casos, pero a maioría da xente está vacinada, non é igual que antes", di a xente na rúa.

O escudo das vacinas logra que a explosión de contaxios non se traslade, polo momento, ás cifras de hospitalizados graves. Os casos multiplicáronse por 6 no último mes en Galicia, pero a media de pacientes na UCI mantense nos 50 ingresos.

"A lectura positiva é que os ingresos non medran de xeito exponencial, unha evidencia dos efectos das vacinas, pero non o minimicemos, son 50 pacientes nas UCI de Galicia, 50 pacientes cunha patoloxía que hai 2 anos non existía", di Pedro Rascado, xefe do Servizo de Medicina Intensiva de Santiago. 

Os expertos advirten de que aínda están por chegar os efectos do último tramo do Nadal nas hospitalizacións. Animan á vacinación e piden prudencia á cidadanía, sobre todo en concellos coa incidencia máis disparada, como A Laracha ou Ribeira, ambos por riba dos 3.000 casos por cada 100.000 habitantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos