Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segunda derrota consecutiva do Dépor antes de recibir o segundo

Segunda derrota consecutiva do Dépor antes de recibir o segundo

Os de Borja Jiménez tiveron dous paus na primeira parte, pero acabaron perdendo

O mércores o Rácing de Santander visita Riazor nun duelo polo liderado

G24.gal 13/02/2022 14:11

Primeira minicrise da temporada do Deportivo, que apañou a súa segunda derrota consecutiva e perde parte da marxe que tiña na táboa.

Nas Gaunas foi superior durante moitos minutos, pero non acertou no remate ante unha Sociedade Deportiva Logroñés que aproveitou unha acción de estratexia para facerse co triunfo. No primeiro tempo o pau evitou por dúas veces que os de Borja Jiménez lograran adiantarse no marcador. Mario Soriano e Trilli foron os autores dos disparos.

O Deportivo controlaba a situación, sen sufrir en defensa, agás nunha acción na que Claderón non chegou por pouco tras un centro chut de Sandoval. Nos primeiros minutos do segunto tempo o equipo coruñés seguíu buscando o gol, aínda que con menos claridade.

Quiles tivo unha boa oportunidade pouco antes da xogada que sería definitiva. Minuto 64. Soberón rematou de cabeza un córner para marcar o único tanto do partido. Quedaba tempo por díante, pero o Deportvo non foi quen de aproveitar ningunha das opcións das que dispuxo. Miku rematou por dúas vecer fóra por pouco. E o encontro rematou co conxunto coruñés envorcado para unha última acción na que o balón tampouco quixo entrar. Aí terminaba o choque.

O mércores chega a Riazor o Rácing de Santander, a cinco puntos do Deportivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar