Segunda xornada do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira
Segunda xornada do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira
Coa calor que vai estes días, a praia de Morouzos e o seu piñeiral convértense durante o festival nun pequeno paraíso en plena ría de Ortigueira. Non deixan de chegar. Un ano máis agárdase que sexan milleiros as persoas quen opten por vivir o festival de acampada.
Nas rúas de Ortigueira en calquera recuncho soa a música. O festival suma este ano no seu cartel máis de 40 artistas e bandas de música folk como a galega Sondeseu, que subiu ao escenario na primeira xornada. "O público do festival vai ver os mellores grupos do folk internacional que se non se ven aquí posiblemente non poidan verse noutra ocasión", apunta Alberto Balboa, director do Festival Internacional do Mundo Celta.
O festival acaba de comezar e xa viviu un dos seus concertos estelares da man de banda escocesa Talisk, un dos moitos momentos que de seguro se repetirán de aquí ao próximo domingo.