Segundo a revista 'BMJ Oncology', o cancro en menores de 50 anos aumentou un 80 %
Segundo a revista 'BMJ Oncology', o cancro en menores de 50 anos aumentou un 80 %
A investigación abrangue os últimos 30 anos, 200 países e 29 tipos de tumores
O pico de consumo de tabaco na década dos anos 90 e a incorporación das mulleres ao hábito de fumar pode estar detrás do incremento de casos
Un estudo feito cunha base de datos internacional que inclúe 200 países e que estuda 29 tipos de tumores e analiza ps casos de cancro desde os anos 90 conclúe que é necesario incidir nos factores prevenibles, como o consumo de tabaco, ou de alcol.
Lonxe de quedar coas cifas máis alarmistas ou as conclusións máis sensacionalistas, os expertos que nós consultamos piden que nos fixemos no aspecto máis positivo da investigación, que é a diminución drástica da mortaldade por enfermidades oncolóxicas nese mesmo período e que atribúen aos programas de prevención e detección precoz e aos enormes avances en investigación e tratamento.
"Tabaquismo, alcol, sedentarismo, obesidade, consumo de poucas froitas e verduras e moitas carnes vermellas ou alimentos ultraprocesados. Todos son factores de risco previble e é importante transmitilo", explica María Quindós, oncóloga médica do CHUAC.
Factores previbles que, segundo este recente estudo, poderían explicar ese incremento do 80 % dos casos de cancro en persoas entre 14 e 49 anos.
Mesmo así, os avances na detección precoz fixeron que a mortaldade se reducira considerablemente a medida que foi avanzado o período analizado. Destaca tamén a importancia da adherencia aos cribados poboacionais implantados en Galicia: o de cancro de colon, mama e o de colo de útero.
Prevención, e moita ciencia, para investigar novos tratamentos, máis personalizados que nos últimos anos, non só aumentaron a esperanza de vida dos pacientes, senón que melloraron moito a calidade de vida".